venres, 12 de abril de 2019

GOOGLE E OS SEUS TRUCOS

Boas modernautas, despois dun pequeno tempo inactivo xa volvín con outra entrada libre que ensinarvos.
Coma moitísimos saberedes, GOOGLE é o buscador máis coñecido e usado no mundo de internet e sempre está sorprendéndonos de distintas mañeiras, o que seguramente moitos non sepan é que esta gran empresa ,máis especificamente o seu buscador ten secretos entretidos, sorprendentes e sobre todo interesantes, con ista aclaración do que vai ir estapublicación procederei xa a dicirvos cousas que pronto ides querer buscar noutra pestana de google.

-1:Zerg Rush.:O máis probable é que todos xogáramos ou coñezamos algún videoxogo de matar alieníxenas, ben, pois se buscas en google zerg rush da pantalla apareceran uns círculos que destruirán as búsquedas e podes matalos clicando neles.
-2:Google Gravity:Para realizar este truco tes que buscar en google "google"[é necesario para o seguinte], porque se só entras no googleinstalado no ordenador non che aparecerá a opción "vas ter sorte", se escribes google gravity e clicas en vou ter sorte, [funciona na maioría dos ordenadores]as funcións de google caeranse e poderás movelas e arrastralas e incluso poderás utilizalas.
-3:Do a Barrel Roll:se buscas do a barrel roll,o buscador dará unha volta enteira.

Ata aquí chegou esta publicación ese queredes que siga con estas publicacións de secretos de google direivos máis trucos do buscador.


imaxe de Simon de pixabay.

Ningún comentario:

Publicar un comentario