mércores, 29 de maio de 2019

GOOGLE E OS SEUS TRUCOS 2

Boas modernautas, hoxe vos traio novos trucos que podedes poñer no buscador máis famoso do mundo e máis usado do mundo cando querades. [No caso de que se vos ocorran  e vos apeteza, podedes deixarme trucos en comentarios para aforrarme traballo buscando].

-1:Google 1998:No caso de que sexas un nostálxico adorarás este truco no que, se buscas google 1998 aparecerache google coa apariencia que tiña nese ano[coma sempre so funciona en determinados ordenadores]
-2:Thanos:Seguramente coñezas ao Titan loco Thanos de Marvel, se buscas en google Thanos, apareceranche moitas cousas e, ao lado das fotos da parte dereita aparece un guante como o de Thanos no que se pulsas enriba, desaparecerán os resultados e se volves a clicar nel, volverán a aparecer grazas á xema do tempo.
-3:Nunha galaxia moi moi lexana:Se buscas en google nunha galaxia moi moi lexana(sintoo moito pero só aparece se o buscas en inglés ou en castelán)apareceranche os resultados de google coma os créditos de Star Wars.
E ata aqui esta nova publicación, que vos vaia ben, non perdades o móbil e divertídevos con estes trucos.

                               
                                                imaxe de 422737 de pixabay.

venres, 24 de maio de 2019

ROBOT EN XAPÓN

Avance tecnolóxico grandioso:                                                               12 MAIO/2019/21:46                                                 
ROBOT EN XAPÓN

Faise primeiro prototipo de androide en Xapón capaz de realizar actividades humanas .

En Xapón, dende xa hai tempo comezouse a facer prototipos de robots pero neste caso, trátase dun androide capaz de realizar actividades humanas.

Os creadores comentan que o fixeron con distintos materiais ríxidos e, que a idea xurdiulles cando o 2 de febreiro de 2004, un famoso deseñador Xaponés co nome de Sikaro Semimoto(que fixo o deseño do androide) fixouse nun programa de robots e androides que estaba vendo a súa filla.

O creador afirma que o 12 de maio deste ano ás dez menos carto terminaron aquel importante proxecto da humanidade, pero non revelaron nada durante os seguintes días ata hoxe para comprobar o seu comportamento e funcionamento.

Segundo din, o seu funcionamento principalmente consistirá en facilitar a vida de persoas discapacitadas ou con distintos problemas grandes, pero que igualmente pode comprarse pensando nun uso diferente.

Aínda non se ha dito a fecha oficial de venta pero o que se asegura é que terá un prezo aproximado aos dous millóns de dólares, a causa de ser o primeiro prototipo de androide tan avanzado.

fontes de información :tecnomundo, científicos.

                                      
                                                         imaxe de comfreak de pixabay

sábado, 18 de maio de 2019

ENCÓNTRASE SER EXTRATERRESTRE

Descubrimento incrible:                                           23 MAIO/2019/12:33

ENCÓNTRASE SER EXTRATERRESTRE

Home encontra ser extraterrestre que desaparece cun rastro de luz.

O pasado día 23 de maio, un home de Chicago indo pola rúa descubríu unha criatura que según afirman expertos no tema coma científicos ou interesados no tema, non esta identificado. 

O home contou que viu á criatura movéndose rapidamente coa intención de meterse nun escondite do que logo saíu unha misteriosa luz pero que conseguíu ver que aquel ser non parecía ser procedente o descuberto aínda na terra.

Ata o momento segundo di a testemuña do suceso, acércase ao tópico dos seres extraterrestres que nos, o ser humano, imaxinamos en tantas ocasións.(Cores grises verdes ou marróns, tentáculos e cabezas grandes, etc...)

Acerca da criatura según din algúns datos era dunha cor marrón castaño e cunha estatura aproximada de un metro e cinco centímetros. (Puxen unha foto de E.T. por facer a gracia)

Non sabemos se alguén o verá novamente, se volverá ou se ven en son de paz ou de guerra, pero o que si sabemos é que o ser humano naceu e seguirá tendo a cualidade de querer saber máis acerca do descoñecido.
Fontes de información:secretos no mundo, científicos.
                            
                                     imaxe de Couleur de pixabay.

venres, 12 de abril de 2019

GOOGLE E OS SEUS TRUCOS

Boas modernautas, despois dun pequeno tempo inactivo xa volvín con outra entrada libre que ensinarvos.
Coma moitísimos saberedes, GOOGLE é o buscador máis coñecido e usado no mundo de internet e sempre está sorprendéndonos de distintas mañeiras, o que seguramente moitos non sepan é que esta gran empresa ,máis especificamente o seu buscador ten secretos entretidos, sorprendentes e sobre todo interesantes, con ista aclaración do que vai ir estapublicación procederei xa a dicirvos cousas que pronto ides querer buscar noutra pestana de google.

-1:Zerg Rush.:O máis probable é que todos xogáramos ou coñezamos algún videoxogo de matar alieníxenas, ben, pois se buscas en google zerg rush da pantalla apareceran uns círculos que destruirán as búsquedas e podes matalos clicando neles.
-2:Google Gravity:Para realizar este truco tes que buscar en google "google"[é necesario para o seguinte], porque se só entras no googleinstalado no ordenador non che aparecerá a opción "vas ter sorte", se escribes google gravity e clicas en vou ter sorte, [funciona na maioría dos ordenadores]as funcións de google caeranse e poderás movelas e arrastralas e incluso poderás utilizalas.
-3:Do a Barrel Roll:se buscas do a barrel roll,o buscador dará unha volta enteira.

Ata aquí chegou esta publicación ese queredes que siga con estas publicacións de secretos de google direivos máis trucos do buscador.


imaxe de Simon de pixabay.

xoves, 4 de abril de 2019

REGUEIFAS 1

   As regueifas comezaron
Que vos ides a aclarar
Este só é oprincipio
E non me toques a moral












                                                                                                                                                                                imaxe de Maklay62 de pixabay

Xa chegou a semana
E con ela uns deberes
Veremos se xa acaba
Non quero que me estresen









                                                                                               imaxe de ejlindstorm de pixabay

Levo horas no meu sofá
Tantas que o vou esgallar
Pero coa television
De aquí ninguén me sacará
                                                         

                                                                  imaxe de tookapic de pixabay

A TECNOLOXÍA AVANZA CADA VEZ MÁIS

Boas modernautas,volvemos a estar todos xuntos falando sobre un tema coma sempre,neste caso un tema moi relacionado co meu blog e coa súa temática.Trátase dos avances tecnolóxicos,como xa saberedes a tecnoloxía vai mellorando e empeorando [en moi pucos detalles].Por exemplo,atigamente os televisores eran moi grandes e cadrados,polo tanto tiñan espazo para colocar cousas enriba,agora son rectangulares e planas polo tanto imaxinade un gato ao que lle guste dorir enriba dunha superficie coma a das televisións antigas,hoxe en día non sería moi feliz.Pero a medida que a tecnoloxía avanza facilítanse traballos antigamente difíciles,por exemplo como traballan hoxe en día nos hospitais para salvar vidas coas máquinas.A tecnoloxía en xeral ten os seus pros e contras pero do que temos que estar seguros e de que temos que mirar sempre o lado positivo e alegrar a cara porque todo pode ter o seu lado bo.

                                   

                                                  imaxe de FirmBee de pixabay.

A NOSA ESPAÑA SÓ ESTÁ ARDENDO

Noticia:Un home faleceu nun incedio sucedido na súa vivenda,un edificio de 17 plantas de Madrid no número 53 da rúa Ginzo de Limia.E ademáis dun morto tamén houbo algúns feridos como un Varón de 75 anos e outro de 50 no 4/4/2019.
Fontes de información:La Nueva España e LaOpinónDeMálaga.
Resumo da noticia:Home faleceu por un incendio en Madrid o 4/4/2019 e con el resultan feridos dous varóns.
Opinión crítica:A min me parece que os incendios suceden de maneira excesiva e que por desgraza suceden uns tras outros.
                             
                           imaxe de Clker-Free-Vector-Images de pixabay.

A NINTENDO SWITCH CUMPRE 2 ANOS

Boas de novo modernautas,novamente,celebro que un aparato tecnolóxico cumpra xa un determinado tempo,neste caso é a Nintendo Switch que cumple xa 2 anos e ata o momento sorprendenos moito a todos os que a compramos e aos que non,por ser un novo aparato co máis videoxogos [que tamén] ,senón pola súa orixinalidade e novedade.A diferenza doutras,esta consola pode levarse a onde queiras [portátil] e á vez podes conectala ao televisor [sobre mesa].                 
 
                                                                                                                                                                          imaxe de InspiredImages de pixabay











               imaxe de joatseu de pixabay

venres, 29 de marzo de 2019

INCENDIO EN BOIRO DE MÁIS DE 80 HECTÁREAS

Boas amigos,hoxe vouvos falar dunha noticia que sucedeu nun lugar de Galicia,Boiro.

Noticia:No xoves 28/03/2019 anteceu un suceso que por desgraza xa sucedeu de diferente maneira máis dunha vez.Houbo un incendio en Boiro na provincia da Coruña de máis de 80 hectáreas xa queimadas polo lume,este acontecemento comezou ás 23:41 e conseguiu deixar no hospital por precaucións a un axente forestal.
Resumo da noticia:Produciuse o 28/03/2019 un incendio en Boiro queimando máis de 80 hectáreas.
Opinión crítica:Na miña opinión creo que este foi un suceso non moi agradable e que demostra que sempre temos que pensar as cousas e que hai que coidar o medioambiente que nos rodea.
                                         Imaxe de Ylvers de pixabay.

venres, 22 de marzo de 2019

O S10 fai 2 Semanas!

Benvidos modernautas.

O tan alavado(e sobre todo caro)Samsung galaxy S10 fai as súas 2 primeiras semanas.E coma con todolos produtos deste tipo,este móbil fixo felices a moitas persoas entre as cales,se tes o produto,espero que a ti tamén.Espero que sigades sendo felices e que teñades sorte na vosa vida.:)

                                      
                                                    imaxe de stevepb de pixabay.

A miña primeira entrada

Ola Mundo!


Neste blog vou publicar cousas do mundo moderno coma que tipos de móbiles da actualidade serían recomendables ou a celebración dun novo aparello electrónico moi interesante e ese tipo de cousas relacionadas co mundo moderno.

                                      
                                                  imaxe de Nick_H de pixabay.